Maraxe amosa o amor a un deporte, o amor a un pobo, o amor a un xeito de vida. A historia do Club de Remo Cabo da Cruz é a historia do remo en Galicia. Fundado en 1979, tivo dende a súa creación multitude de atrancos no seu camiño ata chegar a ser un referente do remo nacional.
A través de diferentes miradas que amosan a evolución deportiva, a repercusión social e a vida duns remeiros que compiten como profesionais, sen selo, na competición máis esixente do mundo do remo en banco fixo.
Título: MARAXE. Dirección: Pablo Chouza. Ano: 2021. Duración: 82". Idioma: Galego. Son: Estéreo. Gravación: HD. Relación de aspecto: 2:35.1. Subtítulos: Castelán e Galego.