¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

CABO DA CRUZ

 
 
 

Cabo da Cruz é o principal núcleo de poboación da parroquia de Santa María do Castro, pertencente ao Concello de Boiro. Situado no sur do Concello, na parte norte da Ría de Arousa e de nome oficial Pesqueira, tamén foi coñecido por Loureda ou mesmo, máis antigamente aínda, como a Ínsua de Abaixo. Cabo da Cruz conta actualmente cunha poboación de 1.195 habitantes dun total de 2.189 para toda a parroquia.

Como se puido comprobar fai uns anos, cando se descubriu o Castro do Achadizo, Cabo da Cruz sempre foi un pobo que viviu por e para o mar aínda que tamén tiña ata non fai moito unha agricultura de subsistencia. A día de hoxe, a acuicultura (maioritariamente o cultivo do mexillón) e o marisqueo son os seus principais medios de vida. Os acuicultores están agrupados en tres asociacións de produtores de mexillón, que abranguen a unha gran parte dos produtores a nivel galego e a Confraría de Pescadores é unha das máis activas no que a marisqueo se refire.

Como industria, temos unha fábrica de conservas que da traballo a unha parte da poboación local.

Praia de Carragueiros

Vista da praia de Carragueiros

 

Mariscadores a flote faenando

Mariscadores a flote faenando

 

Vista nocturna do Club Naútico

Vista nocturna do Club Naútico

 

Así mesmo, o pobo está a comezar a explotar os seus recursos turísticos, xa que a parroquia do Castro conta con preciosas e tranquilas praias (Carragueiros, A Retorta, Piñeirón e a Ribeira Grande), un patrimonio arqueolóxico no que cabe salientar o Castro do Achadizo, situado no peirao; o Castro da Gurita e os Fornos da Pedra Rubia, onde antigamente se fabricaban tellas. No tocante a arquitectura civil, paga a pena visitar a Torre dos Canónigos, no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e o XVI e que sufriu diferentes remodelacións co devalar do tempo así como a Granxa do Esteiro. Conta tamén con diferentes hórreos entre os que destacaríamos os de Romarís, o da aldea de Arriba e o dos Carreró así como cruceiros tales como o Cruceiro de Cariño, o da Aldea de Arriba ou o de Romarís.

A recente creación do Club Náutico “Marina Cabo da Cruz” da un empurrón máis ao turismo náutico do Cabo e unha exposición permanente de elementos relacionados co mar completan a oferta turística.

En canto ao resto do Concello, moitas son as razóns que ano a ano fan que o turismo se incremente. As súas paraxes naturais, as súas praias, o noso deporte ou patrimonio arqueolóxico son só algúns dos múltiples atractivos da nosa vila. Todos estes son explicados en detalle na páxina de Turismo do Concello de Boiro.

Web do Concello de Boiro

WEB DO CONCELLO DE BOIRO
https://boiro.gal

 

Web de Turismo do Concello de Boiro

WEB DE TURISMO DO CONCELLO DE BOIRO
https://boiroturismo.gal

 

© FOTOGRAFÍA: Carlos Piñeiro