¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

JEALSA - RIANXEIRA

 
 
 

MÁIS QUE UNHA EMPRESA PATROCINADORA...

 
 
 

Tras máis de vinte anos de colaboración, a relación entre a empresa JEALSA – RIANXEIRA e o Club de Remo Cabo de Cruz vai moito máis alá que un simple patrocinio, unha relación construida a base de traballo, confianza e respeto mútuo.

A nosa historia conxunta  comezou da man de BOINERSA, alá polo 1996. Esta empresa pertence o Grupo JEALSA e adícase á produción de enerxía. Posteriormente, no 2006, e estando o club militando xa na Liga ACT a empresa decideu cambiar de enseña no patrocinio e pasamos a formar parte de RIANXEIRA.

É unha realidade que alá polos campos de regatas polos que vaiamos coñécennos tanto como por CABO, como pola Rianxeira.

E que é isto de RIANXEIRA?, pois é a principal marca de produtos de conserva (mexillóns, sardiñas, atún,...) que produce o Grupo JEALSA. Pero o Grupo JEALSA é moito máis. Esta empresa fundada en 1958 polo emprendedor boirense, Don Jesús Alonso Fernández, é na actualidade o principal motor económico do noso Concello.

Falar do Grupo JEALSA - RIANXEIRA é falar de innovación, sostibilidade e diversificación, tanto é así que esta compañía está integrada por 26 sociedades, agrupadas en catro áreas de actividade; Alimentación, Pesca e Servizos, Medio e Enerxía. Dando emprego a máis de 4.000 traballadores, repartidos polas fábricas que ten por diferentes lugares do mundo, como poden ser as de Guatemala, Chile, Brasil, a Pobra ou na súa base central, e unha das instalacións máis modernas do mundo no seu sector, en BOIRO.

Pero ser unha empresa de tal magnitude non lle fixo esquecer a súa orixe de empresa familiar nin os seus valores, de feito un dos seus lemas é “Orgullosos de ser quienes somos”, e demostrano ano tras ano prestando sempre a súa colaboración aos clubes e asociacións locais, para axudar no desenvolvemento e na formación dos máis mozos, entre eles o noso.

Somos o que somos e chegamos ata onde chegamos, en gran parte grazas a colaboración e axuda de JEALSA - RIANXEIRA, que sempre estivo cando hai que estar, por encima de resultados, sexan bos ou menos bos, e si cabe, canto máis se valora a unha persoa ou neste caso a unha empresa é cando está nos momentos non tan bos, e JEALSA - RIANXEIRA sempre estivo.

 

Por moitos anos máis, “UNIDOS POLA MESMA PAIXÓN”.

Equipo Senior 2003

 

Equipo Promesa Feminino 2018