Desde o club podemos dicir con orgullo que 40 anos despois de que os primeiros afeccionados levantaran as actuais instalacións do club, coas súas propias mans, a afección de Cabo segue a ser esa afección esixente e con garra, que fai que en cada tempada intentemos sacar a nosa mellor versión. Á vez que esixente tamén é agradecida, e a MAREA VERMELLA cos seus ánimos sempre está empuxando das nosas traíñas para que estas cheguen o máis axiña posible á meta.
Faite socia/o, e fai máis grande está MAREA VERMELLA, coa vosa axuda poderemos seguir representando as nosas cores e ao noso POBO, que nos veu medrar ata converternos no que hoxe somos.
Asóciate!