¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Equipo ACT en Cabo
Equipo ACT en Cabo

Vitoria no Teresa Herrera e regata na casa antes da Kontxa 2022

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Teresa Herrera

Esta fin de semana a nosa embarcación Feminina e LGT-A estiveron competindo nas últimas regatas de liga así como disputando a bandeira Teresa Herrera. A Feminina, tras acadas un terceiro posto na regata fíxose coa vitoria da Liga Galega Feminina 2022, sendo este o seu terceiro título consecutivo e promocionando así na vindeira tempada á Liga Euskotren, o máximo expoñente do remo de banco fixo feminino. Do mesmo xeito o domingo fixéronse coa Bandeira Teresa Herrera con autoridade.

A embarcación LGT-A rematou sexta na última xornada de liga, asegurando así un meritorio quinto posto xeral na súa liga. O domingo na Bandeira Teresa Herrera, estes remataron segundos na súa quenda, por detrás de Castropol e sétimos no cómputo xeral.

XV Bandeira Concello de Ares & XXXII Bandeira Concello de Boiro

A ACT chegou por última vez no ano a Galicia parando en Ares e Cabo da Cruz. O sábado en Ares, o noso equipo acadou o segundo mellor resultado da tempada rematando quintos, con moi boas sensacións no mar. O domingo na casa, estes quedaron segundos na quenda a moi pouco da embarcación de Zierbena, firmando así un sexto posto que os coloca no oitavo posto xeral polo que remarán as últimas dúas regatas da liga.

Clasificatoria da Kontxa 2022

A nosa embarcación masculina e feminina estarán o mércores e o xoves respectivamente en Donostia buscando unha das prazas que permite remar esta histórica bandeira.

 

 

 

COMPARTIR:

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar