¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Equipo LGT-A remando en Cabo da Cruz
Equipo LGT-A remando en Cabo da Cruz

Vitoria na casa para o Equipo Feminino e cuarto posto para o LGT-A

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O noso equipo LGT-A tivo esta fin de semana dúas citas, en Mera (Oleiros) e Cabo da Cruz. A regata do sábado en Mera, presentábase cun forte mar e vento de costado. Partindo polo primeiro carreiro na última quenda, o noso equipo tratou de manter o tipo a pesar do menor abrigo do seu carreiro. Con todo, non foi quen de seguir o ritmo dos seus compañeiros de quenda. Finalmente, os nosos remataron na oitava posición xeral.

O domingo en Cabo da Cruz, saíndo desde a segunda quenda, a nosa embarcación foi quen de impoñerse. O aumento do vento fixo albiscar a posibilidade dunha vitoria no primeiro longo, onde a nosa embarcación se poñía en cabeza en tempos comparados. Finalmente, remataron cuartos a menos dun segundo do terceiro clasificado, Bueu, mantendo o mesmo posto no cómputo xeral.

O noso Equipo Feminino, pola súa banda, só tivo unha competición esta fin de semana, o domingo na casa. Partindo por primeira vez na mesma quenda que as redondelanas, había certa incerteza por ver o nivel real das dúas cara a cara. Porén, as nosas remeiras foron quen de poñerse en cabeza desde o primeiro longo, agrandando pouco a pouco a distancia co resto de competidoras ata rematar primeiras, a 13 segundos da segunda clasificada, Chapela. Con isto, firman a segunda vitoria do ano e manteñen a cabeza na liga.

 

Próximas datas

Co comezo da Liga ACT esta fin de semana en Bilbao e Donosti por fin estarán no mar as nosas tres embarcacións. Polo que respecta a Liga Feminina as nosas remeiras estarán o sábado en Perillo (Oleiros) e o domingo en Moaña, onde tamén as acompañarán a Liga LGT-A, sendo esta a única cita desta embarcación na fin de semana.

COMPARTIR: