O porto de Bueu foi o escenario da primeira competición do ano, congregando 29 embarcacións nun percorrido en formato contrareloxo pouco habitual. O noso club desprazouse a esta con 4 embarcacións (tres masculinas e unha feminina).
O noso equipo feminina foi a primeira en rematar, acadando o segundo posto na súa categoría cun tempo de 23.58, por detrás das remeiras de Chapela. A nosa embarcación "C" rematou na duodécima posición cun tempo de 21.53, facendo un moi bo papel, sendo a primeira regata de traiñas para algúns dos integrantes, pero ideal para ir collendo experiencia e km de competición.
Por último a nosa embarcación ACT rematou na primeira posición cun tempo de 20.19, adiantando en 5 segundos a nosa embarcación LGT-A, que foi finalmente descualificada por realizar a entrada en meta de xeito erróneo.
A próxima competición está prevista para dentro dun mes no peirao de Cabo da Cruz, onde os nosos equipos volverán ter unha nova toma de contacto para seguir apuntalando a súa preparación.