Onte tivo lugar no porto de Cabo da Cruz o Campionato Territorial Norte de Traineriñas, onde se desputaban os pases para o galego da semana que ven.
O noso club estivo participando nas tres categorías (ABS Fem. e XU e ABS Masc.). A xornada comezou ca única categoría feminina, onde a nosa embarcación se impuxo con autoridade desde o primeiro longo, rematando primeiras a 17 segundos do segundo equipo, Rianxo. En xuvenil masculino os nosos rapaces dominaron a regata con claridade rematando na primeira posición e asegurando o pase.
Na categoría absoluta masculina, o noso equipo tivo como rival directo a Ares e Rianxo, que comezaron en cabeza. ata a segunda ciavoga Ares seguía dominando, sendo aquí onde o noso equipo comezou a remontar para rematar finalmente primeiros, a 6 segundos dos aresáns (tras a sanción de 4 segundos destes por saída nula).
As nosas tres embarcacións estarán competindo no campionato galego da semana que ven.
I Bandeira Veterás We Sea / I Bandeira Veteráns Concello de Boiro
Ademais da competición de traineriñas tamén estiveron presentes as traiñeiras veterás.
No apartado feminino, a embarcacións da Pobra fíxose coa primeira bandeira We Sea, avantaxando a nosa embarcacións en 16 segundos, que rematou segunda.
Na competición da liga veterana masculina impúxose a embarcación de Chapela a escasos segundos de Trián.