¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Bandeira Concello da Pobra
Bandeira Concello da Pobra

Tres traiñeiras no mar este verán

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Co comezo da Liga Galicia Calidade (a modalidade feminina da Liga Galega) as nosas tres embarcacións xa están competindo nas súas respectivas ligas. Este ano conta coa novidade de que os equipos participantes tamén remarán catro longos, a diferenza do resto das ligas femininas, onde se seguen a remar dous.

A primeira cita desta liga foi en Redondela, a onde se desprazou o noso equipo para disputar a bandeira. Estas remataron nun segundo posto por detrás do equipo de Mecos-Coruxo, as vencedoras da xornada.

Altibaixos na Coruña

A nosa tripulación ACT remou nunha dobre xornada a III Bandeira Concello da Coruña. Na xornada do sábado obtivo unha 7ª posición nunhas condicións bastante favorables para o que este campo nos ten acostumados. Na xornada do domingo, a nosa embarcación rematou en decimo primeira posición, nunha regata complicada. Porén, coa suma dos tempos das dúas regatas, o noso equipo finalizou en 8º posición no contador total da bandeira. Tras estas dúas probas puntuables, o noso equipo queda na 9ª posición da clasificación xeral.

Segue a LGT-A

O noso equipo LGT-A tamén tivo unha cita, esta vez disputando a Bandeira Concello da Pobra. Desta volta, os nosos remeiros finalizaron en sétima posición, recuperando así tamén a mesma posición na clasificación xeral.

COMPARTIR: