O 13 e 14 de abril tivo lugar en Rianxo o Campionato Territorial Norte, onde se xogaron as prazas para o Campionato Galego da semana que ven.
Sete das nosas tripulacións lograron un dos 4 mellores tempos de cada categoría, o que outorga o dereito a competir co Campionato Galego. As tripulacións Alevín e Xuvenil Feminino e Xuvenil Masculino acagaron a victoria nas súas respectivas categorías, as Infantil Masculina e Absoluta Feminina conseguiron o subcampionato, a Cadete Feminina obtivo unha terceira posición e a Infantil Feminina finalizou cuarta.
As nosas tripulacións Alevín e Cadete Masculinas non acadaron a clasificación e terán que esperar á próxima oportunidade.
Moita sorte a todxs no Galego!