¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Cabo na Primeira xornada da Bandeira da Kontxa
Cabo na Primeira xornada da Bandeira da Kontxa

Sétimo posto na primeira xornada da Kontxa

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O noso equipo masculino, tras conseguir o pasado xoves a clasificación para a histórica Bandeira da Kontxa, estivo onte competindo na primeira das dúas finais de dita bandeira.

Con Orio, Zierbena e Hondarribia como contrincantes na segunda quenda, a nosa tripulación saíu polo primeiro carreiro. Este adoita ser un dos menos desexados debido ás súas características presuntamente desfavorables respecto aos outros.

A nosa tripulación foi case desde o comezo fora da loita das outras tres embarcacións. A súa regata convertiuse nunha contrarreloxo por mellorar os tempos dalgún dos equipos da quenda anterior.

Finalmente o crono parou nos 20.38, tempo que lle serviu para superar a Zarauz e afianzarse na sétima posición.

Próximas competicións

O próximo domingo, co mesmo horario as mesmas embarcacións estarán desputando as segundas finais, onde se decidirán cales son as embarcacións campionas da Kontxa feminina e masculina.

COMPARTIR: