¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Cabo na XXV REGATA CONCELLO DE BUEU
Cabo na XXV REGATA CONCELLO DE BUEU

Quinto posto en Bueu e sétimo e sexto en Hondarribia e Ondarroa

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nunha fin de semana marcada pola cancelación das regatas de Perillo e de Mera por mor do Covid, a nosa embarcacións LGT-A e ACT mantiveron as súas posicións, mentres que o equipo Feminino non puido saír ao mar.

Hondarribiko XXXIII. Bandera & XXXVI. Ondarroako Bandera

A nosa embarcación ACT desprazouse esta fin de semana ás localidades de Hondarribia e Ondarroa para seguir coas competicións coas máximas precaucións. O sábado, en Hondarribia, e con restrición case total de público físico, o noso equipo mantivo o seu posto habitual e rematou en sétima posición. Hoxe en Ondarroa, pola súa contra, acadaron un sexto posto a 3 segundos do quinto clasificado, Hondarribia. Con estes resultados manteñen a o seu sétimo posto na clasificación xeral. Finalmente, o noso patrón Manuel Triñanes púxose na cabeza da competición de patróns ao sumar hoxe 3 puntos.

XXV BANDEIRA CONCELLO DE BUEU & XXV REGATA CONCELLO DE BUEU

A pesar de ter soamente unha proba programada para a fin de semana en Bueu, debido á cancelación da regata en Mera, a LGT decidiu disputar dúas xornadas na vila morracense. A Liga Feminina pola súa contra, non disputou ningunha regata esta fin de semana ao cancelarse a única proba programada de Perillo.

O noso equipo LGT-A acadou nestas dúas regatas dous quintos postos, que sumados á clasificación xeral consolidan ao noso equipo en dita posicións.  

Próximas citas

A próxima fin de semana os nosos equipos LGT-A e Feminino desprazaranse a Moaña o sábado e a Rianxo o domingo para seguir disputando as súas ligas. Pola súa banda, a embarcación ACT estará competindo na histórica bandeira de Zarautz, disputada como habitualmente a dúas xornadas.

COMPARTIR: