A nosa tripulación absoluta masculina proclamouse onte no Cabo da Cruz campiona galega de traiñeiras, ao lograr superar aos seus rivais galegos. O podio completárono os equipos de Ares e Samertolameu.
Na categoría absoluta feminina, o noso equipo finalizou en terceira posición, nunha regata dominada polas de Mecos-Coruxo e cun final moi apertado.