¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Equipo Feminino ao rematar a regata
Equipo Feminino ao rematar a regata

Os nosos tres barcos xa están no mar

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

XIII. Bilboko Bandera - Bandera de Bilbao & XIV Bandera Fabrika

A Liga ACT dou comezo este ano no clásico campo da Ría de Bilbo, en formato contrareloxo. O noso equipo comezou a segunda quenda, no que se medía a Ondarroa, Bermeo e Zierbena. O noso barco rematou o percorrido nun tempo de 20.17, o que lle sirveu para acadar a oitava posición.

O domingo en Donostia, a regata presentábase con condicións radicalmente distintas. Partindo outra vez na segunda quenda os nosos tiveron un duelo con Santurtzi ata o final de regata, onde os nosos remataron terceiros de quenda e oitavos outra vez na posición xeral. Con isto, colócanse na oitava posición xeral para comezar a tempada.

VII Bandeira Concello de Oleiros &    IV Bandeira Feminina XII GP Fandicosta

A nosa embarcación feminina tivo dobre cita esta fin de semana. O sábado en Oleiros, a organización advertira de que a regata sería en formato contrareloxo pola imposibilidade de montar un campo regramentario. Porén, só puido remar a primeira quenda debido a un problema de boias, co cal a regata foi suspendida.

O domingo en Tirán, as nosas saíron na quenda de honra con Chapela, Mugardos e Rianxo. Estas comezaron un bo ritmo, mais un erro na primeira maniobra fixo que as de Chapela tomaran terreo. Finalmente, estas remataron en segunda posición a 5 segundos das redondelanas.

XL Bandeira Concello de Moaña

A Liga LGT-A desprazouse esta semana soamente ata Moaña, onde a nosa embarcación saiu na quenda de honra. Cunha saída algo accidentada, os nosos mantiveron un bo ritmo todo o primeiro longo, chegando á ceavoga a escasos dous segundos de Tirán. Esta distancia foise agrandando pouco a pouco durante a regata, máis as sensacións de velocidade mantíñanse. Con todo, a pesar de manter un bo ritmo, o aumento progresivo do vento fixo que a nosa embarcación rematase en sétima posición a un segundo de Mecos e Chapela.

Próximas Datas

A Liga ACT desprázase esta fin de semana a Galicia para desputar a dobre xornada no Orzán da Coruña. Pola súa banda, as ligas Feminina e LGT-A estarán remando o domingo en Rianxo no novo horario de tarde.

COMPARTIR: