¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Santurtziko Ikurriña
Santurtziko Ikurriña

Os nosos equipos manteñen a compostura

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Chegando case á metade da liga os nosos equipos estanse afianzando ás súas posicións. Esta semana as nosas tres tripulacións tiveron competicións nas súas ligas.

A EuskoLabel Liga tivo citas esta semana o sábado en Santurtzi e o domingo en Getxo. O sábado o noso equipo rematou en 8° posto, cunhas condicións de río complicadas. Tras isto, o domingo acadaron un 7° posto, o que lles sirveu para recuperar a sétima praza da clasificación xeral, empadados a puntos con Ondarroa.

 

Remando na casa

O sábado, tanto a LGT-A como a LGC, citáronse en Cabo da Cruz para desputar a V Bandeira Marina Cabo da Cruz e a VI Bandeira Concello de Boiro Feminina respectivamente. A nosa embarcación LGT obtivo un 7º posto na regata da casa, baixando ata o 9º posto o día seguinte en Rianxo. O equipo feminino, pola súa banda, rematou 2º en Cabo da Cruz, repetindo o posto o día seguinte en Coruxo, afianzando a segunda posición na clasificación xeral da súa liga.

As nosas embarcacións non terán citas de liga a vindeira fin de semana debido á celebración do Campionato de España de Traiñeiras.

COMPARTIR: