¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Traiñeira Feminina en regata
Traiñeira Feminina en regata

Os tres equipos xa están no mar

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta fin de semana todos os nosos barcos comezaron as competicións, cun primeiro, terceiro e noveno posto

V BANDEIRA CIDADE DA CORUÑA

A liga EuskoLabel comezou coa xa clásica dobre xornada na praia de Riazor, onde estivo tamén o noso equipo ACT. Os nosos saíron onte na última quenda acompañados da Donostiarra, Zarautz e Tirán. Estes mantiveron unha discreta posición pelexando pola segunda praza con Zarautz ata o último longo, onde tras un gran esforzo remataron a 2 segundos da Donostiarra, gañadora da quenda, e 5 na clasificación final.

O domingo estes saían na segunda quenta xunto con Ondarroa, Orio e Ares, sendo estes os sextos, sentimos e oitavos da xornada anterior respectivamente. A regata comezou cun forte vento que se comezou a levantar ao remate da primeira quenda. A nosa embarcación non soubo manexar esas condicións adecuadamente, o que fixo que descendera ata a décimo segunda posición. A clasificación final da bandeira foi novena, igual que na xeral da liga.

I BANDEIRA FEMININA ALICRUSA

Esta fin de semana tamén deu comezo a Liga galega Feminina, onde a nosa embarcación feminina sigue competindo. As nosas comezaron a regata con autoridade, seguidas de Tirán, Mugardos e a Pobra. A nosa embarcación acadou a primeira posición seguidas a 17 segundos de Chapela, que competiu na seguinte quenda. Deste xeito, o noso equipo arranca como lider de liga     

XVI BANDEIRA CONCELLO DA POBRA

A nosa embarcación LGT-A continuou coa segunda cita da súa liga na Pobra. Estes sairon na última quenda acompañados de Meira, Bueu e Mera, atendendo a clasificación xeral, na que se colocan terceiros. Estes comezaron na terceira posición moi preto da embarcación de Bueu. Estes mantiveron unha distancia de cinco segundos con respecto ao equipo bueués durante a regata ata finalizar a apenas un segundo destes. Con todo, a posición final dos tres primeiros clasificados mantívose, acadando outra vez un meritorio terceiro posto.

PROXIMAS REGATAS

A próxima semana a nosa embarcación ACT desprazarase pro primeira vez na tempada a Euskadi para seguir coa súa liga, concretamente ata as localidades de Donostia e Zierbena. O noso equipo. Polo que respecta aos nosos equipos Feminino e LGT-A desprazaranse o sábado ata Oleiros para competir noutra xornada das súas ligas e o domingo terán a cita na casa, desputando a II Bandeira Rianxeira Feminina e a VII Bandeira Marina Cabo da Cruz - Concello de Boiro respectivamente.

COMPARTIR: