¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
XVIII Bandera Ayuntamiento de Sestao
XVIII Bandera Ayuntamiento de Sestao

Orio, Sestao e Vilaxoán

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta fin de semana só dúas das nosas tres embarcacións tiveron competicións. Os nosos equipos ACT e LGT-A estiveron en Orio e Sestao e Vilaxoán, respectivamente, para seguir sumando puntos nas súas respectivas ligas.

A Euskolabel Liga chega a Orio e Sestao

Nesta ocasión o noso equipo ACT desprazouse ata Orio e Sestao para seguir coa liga. O sábado en Orio, rematou en 7° posto nun apertado final con Kaiku e Ondarroa, que fora na tanda anterior. O domingo, no complexo campo de Sestao, remataron cun mereitorio oitavo posto, obtendo a mesma posición na clasificación xeral.

Dobre xornada en Vilaxóan

Na liga galega A, a competición estivo en Vilaxoán, desputando a Bandeira Concello de Vilagarcía nunha dobre xornada. O noso equipo obtivo o sábado un 6° posto, tras unha sanción de 10'', que lle deu o quinto posto a Bueu. Na segunda xornada, rematou en 9° posto, o que lle valeu para posicinarse na 7ª praza da clasificación xeral da bandeira.

Campionato Galego de Traiñeiras

Este xoves 25 de xullo celebrarase o campinato galego de traiñeiras, con Cabo da Cruz como escenario. As embarcacións galegas, tanto femininas como masculinas xa ultiman a preparación para esta importante data no calendario deportivo.

COMPARTIR: