ACT: XXXVIII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN & X. Bandera CaixaBank
A nosa embarcación ACT estivo o sábado en Ondarroa. Saíndo desde a primeira quenda os nosos estiveron moi preto de acadar a vitoria, onde Ondarroa foi quen de ser primeiros de quenda cunha marxe de pouco máis dun segundo. O cambio de marea e vento fixo que esta quenda fose a máis rápida, dándolle a vitoria aos locais e posicionando a nosa embarcación na segunda posición xeral. O domingo en Castro, saindo desde a quenda de honra, o noso equipo rematou no décimo posto, completando unha fin de semana que reafirma o oitavo posto na clasificación xeral.
LGT-A: IV Bandeira Cidade de Narón & VIII Bandeira Illa do Samertolameu Concello de Moaña
Despois do parón do Campionato estatal de Traiñeiras o noso equipo LGT-A volveu á competición. O sábado en Narón o noso equipo rematou en sétima posición, nun final moi axustado coa embarcación de Mecos. O domingo en Meira (Moaña) estes subiron unha posición, rematando sextos na regata, facendo estes postos que consoliden a quinta posición xeral.
Liga Feminina: I Bandera Princesa de Asturias Femenina
A liga Feminina tivo só unha cita o domingo en Castropol (Asturias). Estas desputaron unha das últimas regatas de liga coa quenda de honra habitual. As de Chapela foron quen de encabezar a regata nun campo complicado, mantendo a distancia ata o final, onde as nosas remataron segundas, mantendo a posición de líder de liga.
Remo de mar: Travessia Vila Praia de Ancora- Caminha
A localidade Portuguesa de Caminha foi anfitrioa dunha nova regata internacional de remo de mar, modalidade na que o noso club participou con 5 remeiros veteranos masculinos. Nun percorrido de 8km o vencedor foi o noso remeiro Ramón Blanco. O podio completárono os nosos remeiros José Manuel Vidal e Francisco Abalo, rematando segundos e terceiros respectivamente.