¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
O equipo ABS Masc. recibindo a bandeira
O equipo ABS Masc. recibindo a bandeira

O equipo absoluto masculino de Cabo proclámase Campión Galego de Traiñeiriñas 2021

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Rianxo foi a encargada de acoller o campionato galego de traiñeiriñas deste ano onde o noso club estivo presente nas tres finais. A xornada de competicións comezou coa categoría absoluta feminina, onde a tripulación de Chapela mantivo a cabeza de principio a fin, seguida de cerca das nosas remeiras. O noso equipo rematou en segunda posición, a 7 segundos das de Redondela.

Na categoría xuvenil masculina a embarcación de Chapela volveu dominar de comezo a fin, seguida polos nosos rapaces. O noso equipo rematou a 6 segundos do campión, facendo un moi bo papel no campionato.

Por último, a nosa embarcación absoluta masculina facía a súa saída polo segundo carreiro. Na primeira ciavoga, o noso equipo marcou o mesmo tempo ca o de Samertolameu, mais a partir de aí as distancias fóronse dilatando en favor dos nosos deportistas. A nosa embarcación rematou o percorrido nun tempo de 13 minutos 58 segundos, sete mellor que o segundo clasificado, proclamándose así os campións da xornada.

I Regata de Veteranas e Veteráns Concello de Rianxo


Ademais do campionato, tamén tivo lugar a última regata da pequena liga de veteranas. A nosa traiñeira veterana feminina saíu polo primeiro carreiro, coa embarcación da Pobra como competidora. O noso equipo foi capaz de chegar de primeira á ciavoga, mantendo a cabeza ata rematar a regata, impoñéndose por 16 segundos.

Na modeliade masculina, a embarcación de Cesantes foi a vencedora.

COMPARTIR: