XVI Bandeira Concello de Ares
As últimas dúas regatas de liga tiveron como escenario as augas de Ares. O sábado os nosos partían da segunda quenda con Chapela e Rianxo como rivais. Saíndo pola boia dúas, o noso equipo atopábase cómodo no primeiro tramo en calma, máis tivo problemas para enfrontarse ao mar máis bravo da segunda metade do longo. Con isto remataron sétimos, nunha apretada loita a tres segundos de Rianxo.
Na xornada do domingo a quenda repetíase, máis desta vez o noso equipo atopouse máis cómodo nas dúas condicións da regata, avantaxando ao equipo rianxeiro en oito segundos e asegurando un sexto posto na xeral que asegura a continuidade para a seguinte tempada na máxima cateogría galega.
XXXIX. Ondarroako Bandera & XIV. Getariako Ikurriña
O sábado o noso equipo partía desde a segunda quenda con Orio, Getaria e Lekeitio. Orio tomou a cabeza de regata na primeira ceavoga marcando Cabo o mesmo tempo que Lekeitio e Getaria, durante o transcurso da regata as tripulacións fóronse distanciando ata o final da regata, onde a nosa tripulación rematou terceira. Este resultado servíu para acadar un cuarto posto na xeral, un dos mellores resultados da tempada.
O domingo en Getaria as condicións do mar presentábanse moi complicadas. Partindo na quenda cos rivais do día anterior, a nosa tripulación non atopou a remada nesas condicións rematando en duodécima posición. Con isto, a nosa tripulación pasa a sétima posición xeral, a un punto do sexto clasificado.
Regata da Kontxa
Esta semana as nosas embarcacións feminina e masculina van a asistir a clasificatoria da regata da Kontxa onde estarán buscando unha das sete prazas para desputar as finais dos próximos fins de semana.