¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Embarcación LGT-A en Bueu
Embarcación LGT-A en Bueu

O equipo ACT sae a flote e o LGT-A queda 5º en Bueu

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

XXI Bandera Ayuntamiento de Sestao & Santurtziko XLIII. Ikurriña
A nosa embarcación ACT estivo remando en Sestao e Santurtzi buscando mellorar os resultados das últimas semanas e escalar postos na clasificación xeral. O Sábado en Sestao, estes foron quen de firmar o mellor resultado da tempada cun sétimo posto que serviu para saír dos postos de descenso.

O domingo, nunha regata moi axustada partindo da segunda quenda, estes acadaron un noveno posto a escasas décimas de Ondarroa, que rematou oitava. Deste xeito, a nosa embarcación colócase na décima posición xeral, nunha cola de clasificación moi axustada.


XXVII Bandeira Concello de Bueu
O equipo LGT-A estivo esta finde en Bueu seguindo coa súa liga. Estes partían desde a quenda de honra con Tirán, Meira e Bueu.

A nosa embarcación non foi quen de seguir o ritmo destas embarcacións, mais si que mantivo un bo ritmo en comparación cos seus rivais directos na clasificación. Finalmente, a nosa embarcación rematou quinta, sendo esta a mesma posición na clasificación xeral, a un punto de Chapela.


Próximas competicións
A Liga ACT viaxará esta fin de semana a Getxo e a Lekeitio para seguir coa liga mentres que a nosa embarcación LGT-A estará o sábado en Redondela (xunto coa Liga Feminina) e o domingo no Grove.

COMPARTIR: