¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Bandeira Concello de Boiro
Bandeira Concello de Boiro

O equipo ACT afianza o 8 posto na finde en Galicia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O noso equipo ACT tivo esta fin de semana as dúas últimas xornadas de liga en Galicia, antes da clasificatoria da Kontxa.

O sábado en Bueu obtiveron un oitavo posto, a pesar de quedar descolgados da súa quenda. O domingo, remando xa no Cabo da Cruz, obtiveron tamén un oitavo posto. A xornada estivo marcada tamén polo gran apoio da afección vermella e dos membros do Grupo de Empresas CRCC.

XXXIV - 12 / II - 1 Bandeira de Traiñeiras Teresa Herrera

As últimas xornadas da LGT e da LGC disputáronse o sábado na Coruña, servindo tamén de clasificación para a final do domingo, non puntuable. A nosa embarcación LGT-A obtivo un noveno posto, aínda que non obtivo a clasificación para o domingo. A nosa embarcación feminina rematou cuarta, tras un fallo coa baliza na saída. A pesar disto, a nosa embarcación feminina obtivo un 3° posto na clasificación xeral na bandeira. Sendo esta a última xornada da liga, a nosa embarcación LGT-A rematou oitava na liga, mentres que a embarcación LGC rematou segunda.

CXL / XI KONTXAKO ESTROPADAK

Este xoves 29 de agosto terá lugar en Donosti a clasificatoria para a Kontxako Estropadak, onde o noso club estará presente na categoría feminina e masculina. Na contrareloxo desputaranse os pases para a final.

COMPARTIR: