Este domingo 9 de xuño es nosas embarcacions desprazáronse a Moaña para desputar o Memorial Raúl Rey "Ruly", onde tanto na categría masculina coma na feminina acadaron o segundo posto. A nosa embarcación masculina que competirá na LBT-A rematou na novena posición.
Na categoría feminina a embarcación de Mecos-Coruxo Isabel foi a venceora con 24'' de vantaxe sobre as nosas remeiras, mentres que en categoría masculina a SD. Tirán levou a victoria con menos dun segundo de marxe. Na categoría Veterano masculina a victoria foi finalmente para o CR. Chapela nun axustado final coa SD. Samertolameu.
Esta data foi a última antes de dar comezo ás probas puntuables das respectivas ligas nas que competiremos, e sirve para ultimar a preparación dos deportistas para as competicións estivais. Estas darán comezo para a semana que ven coa presentación da Liga Galega de Traíñas en Sanxenxo.