O pasado domingo 2 de xuño os nosos equipos ABSOLUTO FEMININO e MASCULINO conseguiron dúas medallas de Bronce no Campionato de España de Traiñeiriñas. Pola súa banda, os xuvenís acadaron un 3 posto na final B.
A nosa tripulación ABSOLUTA FEMININA, tras quedar por detrás das súas rivais do CR. Mecos e do CR. Perillo no galego, superáronas nesta cita outorgándolles o bronce.
Pola súa banda, a embarcación ABSOLUTA MASCULINA foi só superada polo equipo de Zierbena AE e Itsasko Ama AE, nunha final moi apretada entre as tres tripulacións.
Con este campionato poñemos punto e final ás embarcacións "pequenas" e damos paso á embarcación raiña. Desde o CRCC agardamos que sigades as competicións das nosas tres traíñas (Liga LGT-A, LGT Feminina, e ACT) durante todo o verán. O mellor aínda está por vir!