VI Bandeira Feminina Cidade de Ferrol & II Bandeira Feminina Alicrusa
A nosa embarcación Feminina estivo na Cabana e na Pobra esta fin de semana. O sábado na Cabana partían na quenda de honra con Chapela e Cabana-Mugardos nunha regata a 6 longos. Estas comezaron como cabeza de regata seguidas de Cabana-Mugardos e Chapela, por primeira vez na tempada, en terceira posición. As de Chapela foron quen de recuperar a segunda posición na metade da regata mais as nosas seguiron sumando segundos de vantaxe ata rematar vencedoras con 23 segundos sobre as de Redondela. O domingo na Pobra, cun percorridos a 6 longos novamente, estas volvéronse impoñer como vencedoras desta vez con once segundos de vantaxe, recuperando o primeiro posto na xeral da liga.
XVII Bandeira Concello da Pobra
A liga LGT-A estivo esta fin de semana soamente na Pobra. Cun percorrido a 6 longos, a nosa embarcación saíu na segunda quenda con Rianxo, Mecos e Chapela. Estes foron quen de poñerse en cabeza desde a primeira ceavoga, mantendo esta posición ata o final, con dous segundos sobre Chapela. Ademais, o seu tempo serviulles para adiantar a Mera, que remaba na última quenda, recuperando o noso equipo así o 4 posto na clasificación xeral.
Orioko XXXII. Estropada - Orio Kanpina X. Bandera & XXXIX. Bandera Petronor
A nosa embarcación ACT estivo esta fin de semana en Orio e Zierbena seguindo coa liga. O sábado en Orio a nosa traiñeira partía desde a primeira quenda con Lekeitio, Ares e Ondarroa. A nosa embarcación fixo unha boa regata mantendo un segundo posto ata escasos metros da meta, onde unha abordaxe resultou na descualificación das dúas embarcacións implicadas. O Domingo en Zierbena, partindo polo cuarto carreiro, a nosa embarcación non foi quen de adiantar ao resto de embarcacións remontando en duodécima posición.