Hondarribiko XXXV. Bandera Mapfre SN & XIII. Getariako Ikurriña - 500. Urteurrena Saria
Esta fin de semana a embarcación ACT desprazouse ata Hondarribia e Getaria para seguir coa liga. O sábado en Hondarribia o noso equipo partía da segunda quenda cunhas boas condicións para o remo. A quenda comezou disputada con Zierbena, sendo Gedaria quen de despegarse rapidamente mentres Kaiku quedaba uns segundos por detrás. Esta disputa non se solucionou ata a meta, onde o noso equipo avantaxou a Zierbena en pouco máis dun segundo, obtendo o oitavo posto. O domingo en Getaria, as condicións presentábanse algo máis complicadas. Comezando a quenda o noso equipo quedou descolgado do resto de embarcacións. Porén, no último longo estes foron quen de adiantar a Ondarroa e finalizar outra vez oitavos. Con isto, a nosa tripulación sitúase novena na clasificación.
LXXV Campionato de España de Traiñeiras
Esta fin de semana celebrouse o Capionato estatal de traiñeiras na localidade asturiana de Castropol, na Ría de Ribadeo. O noso club estivo representado na final feminina. A nosa tripulación rematou segundo por detrás da embarcación de Chapela, rematando así subcampioas de España.
Próximas datas
A Liga ACT desprazarase esta fin de semana a Ondarroa e a Castro Urdiales, mentres que a LGT-A estará en Narón e en Meira (Moaña). A Liga Feminina só estará o domingo en Castropol. Por último, o luns tamén se disputará a Bandeira Deputación da Coruña na Cabana (Ferrol).