Hoxe celebrouse no lago das Pontes de García Rodríguez a Bandeira de Traiñeiras Deputación da Coruña. Este ano, ademais da tradicional bandeira masculina, contou coa primeira edición da bandeira feminina.
As nosas rapazas conseguiron facerse coa bandeira, nunha regata onde souberon poñerse á cabeza desde o comezo. Esta foi, ademais, a primeira edición feminina desta histórica bandeira, sendo a nosa embarcación feminina a primeira en gañar este título.
O equipo masculino pola súa banda, tivo unha disputada regata con Ares. Non foi ata o terceiro longo que se comezou a impoñer aos aresáns, rematando finalmente gañando con 8 segundos de vantaxe. Deste xeito, volveron revalidar a bandeira por décimo segundo ano consecutivo.
Seguintes regatas
O sábado teremos cita da LGT-A no porto de Muros a partir das 17.30h, mentres que na Euskolabel Liga disputarase a Bandeira de Zarauz, coa súa dobre xornada tradicional.