¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Equipos absoluto feminino e masculino e xuvenil
Equipos absoluto feminino e masculino e xuvenil

Campións galegos de traiñeiriñas Xuvenil e Absoluto Masculino 2022

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Hoxe as nosas traiñeiriñas estiveron desputado as finais do campionato galego en Meira (Moaña). A nosa primeira embarcación en competir foi a absoluta feminina,  partindo polo quinto carreiro. As nosas mantiveron toda a regata dende comezo a fin a terceira posición, con Chapela como vencedora.

O noso equipo xuvenil comezou un pouco máis lento que o local de Samertolameu, realizando a primeira ceavoga en segunda posición. Os nosos deportistas, foron capaces de recortar pouco a pouco tempo para rematar vitoriosos cunha marxe de case catro segundos.

Por último, a nosa embarcación absoluta masculina, arrancou cun ritmo moi superior ao resto de embarcacións, chegando á primeira maniobra catro segundos máis rápido que o segundo equipo. Con isto, a embarcación de Meira foise achegando pouco a pouco, chegando a virar ao par na terceira ceavoga. Con todo, a nosa embarcación rematou primeira a dous segundos dos locais.

As nosas tres embarcacións estarán presentes no campionato estatal da semana que ven na localidade pontevedresa de Bueu.

MOITOS PARABÉNS A TODXS! ORGULLO CRUCENSE!

COMPARTIR: