Esta fin de semana as mellores tripulacións galegas déronse cita no noso pobo buscando os títulos autonómicos e os pases para o campionato estatal da semana que ven.
A nosa embarcación ABSOLUTA MASCULINA proclamouse CAMPIONA GALEGA na súa categoría, rivalidando o título do ano pasado e asegurándose o pase ao Campionato de España.
Pola súa banda, a nosa embarcación XUVENIL MASCULINA acadou un 4ºposto, mentres que a ABSOLUTA FEMININA finalizou en 5ª posición. Con isto, competirán tamén no campionato de España debido ás renuncias de embarcacións cántabras e vascas.
Espeicais agradecementos ao Náutico de Boiro pola súa axuda na organización deste campionato.