Bermeo Hiriko XLI Ikurriña
O sábado o noso equipo afrontaba a clásica regata de Bermeo, onde sempre se espera un forte mar. Desta vez as condicións eran moito máis favorables, cun mar que deixaba practicar o remo con facilidade.
Os nosos saían na segunda quenda con Lekittarra, Orio e Getaria, buscando recortar puntos cos últimos. Estes mantiveron o terceiro posto durante toda a regata, con Getaria segunda, rematando así nun discreto sétimo posto a dous puntos de Getaria de cara a última xornada.
XLIX Bandera El Corte Inglés
A última xornada en Portugalete presentábase coas condicións comúns do campo. Os nosos partían polo carreiro número un, mentres que Lekittarra, Getaria e Orio facíano polo segundo, terceiro e cuarto respectivamente.
O noso equipo comezaba a regata con bo ritmo, ata chegar a segunda ceavoga nun empate técnico entre Cabo, Lekittarra e Orio. A partir do terceiro longo o noso equipo foi quen de aumentar distancia co resto dos equipos, rematando nunha contundente vitoria de quenda, o que lle outorgou unha vantaxe de un punto na clasificación xeral sobre Getaria, acadando así o sexto posto na xeral.
Fin da tempada 2023
Coas últimas regatas da embarcación EuskoLabel rematase unha tempada de fitos históricos para o club, cuns resultados deportivos moi favorables. O sexto posto na LGT-A o sétimo posto na Liga Euskotren e o sexto na Liga EuskoLabel poñen o broche a unha das mellores tempadas da nos historia. Agardamos que a nosa afección teña gozado das nosas regatas e que siga facéndoo no futuro!