Tras unha pretempada sen precedentes, esta fin de semana a Euskolabel Liga arrancou en augas da Coruña coa súa bandeira a dúas xornadas. O noso equipo ACT estivo competindo con todas as medidas de seguridade pertinentes.
A nosa tripulación comezou o sábado na segunda quenda, con Santurtzi, Lekittarra e a recen ascendida Zarautz como rivais. A pesar das complicadas condicións xa habituais na Coruña, a nosa embarcación mantivo un segundo posto que lle serviu para acadar o 6º lugar na clasificación xeral.
O domingo, a nosa tripulación fixo seis cambios, entre os cales estaban os debutantes Manuel Triñanes, Cosme Sampedro e Iker Silva. Con mellores sensacións que na xornada anterior, o noso equipo mantivo unha intensa loita con Zierbena polo segundo posto na quenda, que finalmente levarían os bilbaínos tras un moi bo último longo. O noso equipo rematou finalmente na 8ª posición cun tempo de 21:11, sendo esta tamén a posición acadada na clasificación xeral, empatados a puntos con Ondarroa.
PRÓXIMAS COMPETICIÓNS
A vindeira fin de semana os nosos remeiros desprazaranse por primeira vez a Euskadi esta tempada. As competicións terán lugar na histórica Praia da Concha en Donostia o sábado e en Zierbena o domingo.