Bermeo Hiriko XXXIX Ikurriña-AVIA SN & LI GP- XLVII Bandera El Corte Inglés - Ayuntamiento de Portugalete
A nosa embarcación ACT, tras rematar 7ª na regata da Kontxa 2021, estivo competindo esta fin de semana nas dúas ultimas regatas de liga en Bermeo e Portugalete.
O sábado en Bermeo presentábase cunhas condicións bastante complicadas para a práctica do remo, con vento de terra e ondas de costado. A nosa tripulación partía na primeira quenda con Bermeo, Zierbena e Ondarroa como contrincantes. A pesar de manter unha distancia prudente co resto de embarcacións ata o segundo longo, os nosos non foron quen de manter o ritmo rematando oitavos na bandeira.
A última cita do ano, como xa é habitual, celebrouse en Portugalete. Cun coeficiente de marea moi alto, as maniobras por parte dos patróns para evitar as fortes correntes do río estaban aseguradas. A nosa embarcación empezou forte mantendo un bo ritmo durante os primeiros dous largos, mais a forte corrente polo seu carreiro non axudou a dar aire aos nosos remeiros. Estes remataron en oitava posición firmando a última xornada da tempada 2021. Ademais, o noso remeiro canteirán Damián González fixo o seu debut na máxima categoría tras completar unha magnífica tempada na embarcación LGT-A.
Play-off de ascenso á EuskoTren
A nosa embarcación feminina estivo competindo no play-off de ascenso á Liga Euskotren, máxima categoría do remo feminino. Xunto con Tolosa, Deusto e Hondarribia estiveron loitando pola única praza que se disputa. Con todo, as nosas remeiras remataron en cuarta posición nas dúas xornadas, rematando Tolosa vitoriosa e sendo a nova integrante da liga.
A nosa embarcación feminina completou este ano unha moi boa tempada onte rematou campioa da Liga Galega, do Campionato Galego de Traiñeiras e da Bandeira da Deputación da Coruña.