¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Equipo ACT en Portugalete
Equipo ACT en Portugalete

Cabo remata oitavo na EuskoLabel Liga 2022

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O noso equipo ACT afrontou este fin de semana as dúas últimas citas da tempada 2022 nos clásicos campos de Bermeo e Portugalete. O sábado, o noso equipo partía pola boia dous xunto con Zierbena, Kaiku e Getaria. Tras unha moi boa saída o noso equipo acadou unha terceira posición moi preto tanto de Zierbena coma de Getaria. Co paso da regata, as distancias foron dilatándose, finalizando o noso equipo terceiro na súa quenda, acadando un sétimo posto xeral.

O domingo, a xornada transcorreu e formato contrarreloxo. Os equipos de Getaria e Kaiku marcaron o ritmo da regata sen dar opción ao noso equipo, rematando este oitavo e finalizando a décimo-quinta tempada do club cun oitavo posto.

Con isto, finalízase unha tempada marcada polo ascenso da nosa embarcación feminina a Liga Euskotren, consolidándose así Cabo como o único equipo galego competindo na elite do remo de banco fixo tanto en categoría masculina como feminina.

Ate a tempada 2023!

COMPARTIR: