¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Cabo na REGATA LIGA A - A POBRA
Cabo na REGATA LIGA A - A POBRA

Cabo proclámase campioa da Liga Feminina 2020

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nesta fin de semana finalizaron as ligas galegas onde a nosa embarcación LGT-A rematou quinta e a feminina proclamouse campioa desta edición. A nosa embarcación ACT afrontou una descualificación e un décimo primeiro posto.

IX BANDEIRA SALGADO CONGELADOS

A derradeira xornada da Liga Feminina decidiuse no campo da Pobra do Caramiñal, disputando a bandeira cancelada semanas atrás en Oleiros. Nesta regata, as nosas remeiras tiveron un enfrontamento directo coas de Tirán, finalizando este coa vitoria da nosa embarcación por catro segundos. Ademais, a nosa canteirá Ainhoa Sánchez Villarelle fixo o seu debut na liga, sendo este tamén o seu primeiro ano de remo.

Con esta última vitoria, a nosa embarcación fíxose coa liga e coa bandeira de campioa, sendo este o terceiro título que gaña o noso club.

XIII BANDEIRA CONCELLO DE MUROS & REGATA LIGA A - A POBRA

Por mor da alerta no Concello de Muros, a bandeira da localidade tamén se disputou na Pobra. A nosa embarcación saíu na segunda quenda, finalizando en quinta posición. O domingo, sendo esta a último xornada da liga, o noso equipo tivo unha apertada regata con Mecos, que finalizou coa vitoria na quenda da nosa embarcación, volvendo a repetir o quinto posto da anterior xornada.

No cómputo xeral da liga, os nosos remataron en quinta posición, avantaxando en tres postos os resultados da anterior tempada, e facéndose Tirán co título da liga autonómica.

Santurtziko XLI. Ikurriña & XIX Bandera Ayuntamiento de Sestao

Esta fin de semana a ACT estivo nas localidades veciñas de Santurtzi e Sestao. Na xornada do sábado a nosa embarcación saíu na segunda boia, coa Donostiarra, Lekeitio e Zierbena na primeira, terceira e cuarta respectivamente. No transcurso do terceiro longo, a nosa embarcación foi descualificada debido á invasión do carreiro da Donostiarra, resultando isto na suma de cero puntos nesta xornada.

O domingo, cunhas condicións de carreiro moi complicadas debido ás correntes propias do río de Bilbo, a nosa embarcación finalizou décima primeira. Con estes resultados a nosa embarcación mantense na sétima posición na xeral e afrontará esta fin de semana as dúas últimas xornadas antes da Concha en Galicia.

COMPARTIR: