¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Os tres equipos no podio
Os tres equipos no podio

Cabo proclámase Campión de España de Traiñeiriñas Absoluto Masculino 2022

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O campionato que tivo lugar na localidade pontevedresa de Bueu comezaba cun lixeiro vento do suroeste. As primeiras representantes do club en saír foron as Absolutas Femininas, con Chapela e Ares como principais competidoras. As posicións mantivéronse dende o comezo, con Chapela en cabeza, seguidas de Ares e as nosas. A pesar de achegarse moito en algún momento á segunda praza, as nosas finalizaron bronce estatais con boas sensacións no barco.

De seguido, a final Xuvenil Masculina comezada con Santurtzi marcando o ritmo de regata. O equipo de Meira afianzábase na segunda praza, acercándose o noso equipo a esta posición ata a última virada, onde un toque de palas imposibilitou pelexar polo ouro aos nosos. Con todo, a nosa embarcación foi quen de recortar distancias ata acadar a segunda praza por menos dun segundo.

Por último, a categoría Absoluta Masculina pechaba a xornada, cun moi bo comezo de regata para o noso equipo. A pesar de que Meira foi quen de manter unha curta distancia durante toda a regata, a nosa embarcación impúxose finalmente proclamándose Campións de España de Traiñeiriñas 2022.

Isto é a guinda para unha excelente tempada nesta embarcación e o comezo da embarcación raíña, a traiñeira.

COMPARTIR: