¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Cabo coa I Bandeira Cortizo Feminina
Cabo coa I Bandeira Cortizo Feminina

Cabo obtén o mellor resultado na Bandeira de Zarautz da súa historia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta fin de semana o noso equipo ACT acadou un cuarto posto na xeral da Zarauzko XLIII. Ikurriña. Ademais a nosa embarcación feminina obtivo dúas novas vitorias e o equipo LGT-A obtivo un cuarto posto en Rianxo.

Zarauzko XLIII. Ikurriña

A nosa embarcación ACT afrontou a histórica dobre xornada de Zarautz con boas sensacións. O sábado, remando na segunda quenda acadaron un segundo posto, 21 segundos por detrás de Hondarribia. Este posto mantívose na clasificación xeral, ao non ser superados por ningunha das embarcacións da quenda de honra. O domingo, remando na quenda de honra, a nosa embarcación rematou oitava, posto que serviu para rematar cuartos na clasificación xeral da bandeira.

II BANDEIRA FEMININA - X GRAN PREMIO FANDICOSTA & I BANDEIRA CORTIZO FEMININA

A nosa embarcación feminina estivo remando esta fin de semana en Moaña e en Rianxo. Estas conseguiron a bandeira en ambas as súas citas. Con estas dúas novas vitorias a nosa embarcación mantén a cabeza da liga e consolídase como líder.

XXXVIII BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA & XVII BANDEIRA CONCELLO DE RIANXO

A nosa embarcación LGT-A, do mesmo xeito que a feminina, tamén estivo nas localidades de Moaña e a veciña Rianxo seguindo coa competición. O sábado esta repetiu o seu posto máis habitual, o quinto, sendo Meira a vencedora da xornada. O domingo en Rianxo, porén, foron quen de rematar en cuarta posición, tras un baixón de Vilaxoán na quenda de honra. Con estes postos mantéñense quintos na clasificación xeral.

COMPARTIR: