¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Equipo ACT en Santurtzi
Equipo ACT en Santurtzi

Cabo mantén o tipo nas súas ligas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Getxoko Estropaden XLV. Ikurriña & Santurtziko XLIV. Ikurriña


A Liga Euskolabel tivo esta fin de semana as súas citas nas localidades de Getxo e Santurtzi. O sábado en Getxo o noso equipo saía na quenda dúas con moi boas sensacións, collendo a cabeza da regata a pesar dunha incidencia na primeira ceavoga que o proel tivo que resolver. Con todo, a nosa embarcación rematou terceira na quenda o que serviu para rematar nun bo sétimo posto.


O domingo pola súa banda as condicións do campo eran completamente distintas, na desembocadura da Ría de Bilbo. Intentando evitar as correntes o noso equipo mantivo unha segunda posición case toda a quenda, con Orio en cabeza. Na recta final da regata o equipo de Ondarroa acercouse perigosamente máis o noso equipo mantivo o posto, rematando finalmente en oitava posición. Estar tamén era a primeira regata da tempada na máxima categoría do noso remeiro canteirán Mario Fajardo, que ata o de agora estivera competindo na embarcación LGT-A. Con isto, o noso equipo sitúase sétimo na clasificación xeral.

 

Getxoko Estropaden XV. Ikurriña & Ikurriña Hospital San Juan de Dios Santurtzi


A nosa embarcación feminina compartía escenario coa nosa tripulación EuskoLabel. Estas saían o sábado acompañadas de Tirán, Hibaika e Hondarribia. As nosas saían cun bo ritmo co que collían a terceira posición. Estas mantiveron a posición ata o final onde remataron en sétima posición.


O domingo en Santurtzi, o noso equipo repetía rivais de quenda. Estas comezaban a regata en última posición, por mor das correntes típicas neste campo. A pesar de ser quen de recuperar segundos na metade de regata, estas non foron quen de escalar posicións rematando en oitava posición. Esta regata tamén foi o debut na máxima categoría para as nosas remeiras canteiranas Ana Rodríguez e Natalia Miranda. Con isto, o noso equipo mantén a sétima posición xeral.


XXVIII BANDEIRA CONCELLO DE VILAGARCÍA & IX BANDEIRA MARINA CABO DA CRUZ CONCELLO DE BOIRO


O noso equipo LGT-A desprazouse o sábado a Vilaxoán para seguir coa súa liga. Nesta, saía con Mecos, Chapela e Rianxo como rivais. O noso equipo saía con bo ritmo, situándose segundos na primeira ceavoga. Este ritmo foise perdendo un pouco na regata, o que supuxo o sobre pasamento de Rianxo. Esta posición mantívose ata o final da regata, rematando os nosos en sétimo lugar.


O domingo na regata da casa, o noso equipo repetía quenda co troco de Chapela por Bueu. Os do Morrazo collían cabeza desde os primeiros metros da regata, mentres que os nosos collían a segunda posición. Esta posición foise dilatando no transcurso da regata ata rematar nunha sexta posición con moi boas sensacións. Deste xeito, o noso equipo mantén a sexta posición xeral.    

COMPARTIR: