XXXVII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN & Hondarribiko XXXIV Bandera-Mapfre SN
A nosa embarcación ACT desprazouse ata Euskadi para seguir coas competicións, desta vez na localidade de Ondarroa e de Hondarribia. O sábado en Ondarroa estes foron capaces de reencontrarse tras un fin de semana con malas sensacións. Estes, nunha disputada regada con Ondarroa, foron quen de impoñerse á embarcación local por algo máis dun segundo, rematando na 7ª posición. Pola súa banda, o domingo, a nosa embarcación non atopou o seu sitio no campo, facendo que perdera posicións ata a décima praza. Deste xeito o noso equipo mantense no oitavo posto da clasificación.
VII BANDEIRA ILLA DO SAMERTOLAMEU CONCELLO DE MOAÑA
Moaña foi o escenario da penúltima regata con puntuación para a LGT-A. A nosa embarcación chegou alí para seguir mantendo o nivel que ven dando estas últimas semanas. Estes saíron na última quenda cos seus rivais habituais, rematando desta vez na terceira posición, só por detrás de Meira e Bueu. Con este resultado colócanse a só un punto do terceiro clasificado no cómputo xeral, Mecos.
I BANDEIRA HEROINAS DE SALVORA / CONCELLO DE RIBEIRA
As nosas remeiras estiveron tamén o domingo na localidade ribeirense de Aguiño para disputar a Bandeira heroínas de Sálvora. A nosa embarcación compartía quenda con Chapela, Perillo e Tirán, onde foron quen de chegar á primeira ciavoga cos dous primeiros equipos. Porén, despois disto as embarcacións de Chapela e Perillo marcaron un ritmo superior ao da nosa embarcación, chegando esta en terceira posición, coa vitoria de Chapela.
Próximas Regatas
A nosa embarcación ACT volve competir por última vez na tempada en Galicia, facéndoo nas localidades de Ares e Moaña. As nosas embarcacións LGT-A e Feminina, pola súa banda, estarán completando as súas últimas xornadas de liga e a Bandeira Teresa Herrera, nas súas modalidades Masculina e feminina. Estas celebraranse, como é habitual na Praia do Orzán da Coruña.