Campionato Galego de Traiñeiras Masculino & Feminino
As nosas embarcacións masculinas e femininas estiveron o mércores en Meira e o sábado en Bueu remando os seus respectivos campionatos galegos. O mércores en Meira o noso equipo masculino tivo como principais contrincantes ás embarcacións de Ares, Tirán e Meira. O tempo presentouse óptimo para a práctica do remo, sen ondas e case sen vento. A nosa embarcación saíu en cabeza dende o primeiro momento, aínda que non moi lonxe do resto de competidores. A pesar de non lograr grandes distancias a nosa embarcación gañou con cinco segundos sobre Ares, segundo e sete sobre Meira, terceiro.
Co que respecta ao campionato feminino do sábado, tivo a falta das embarcación de Perillo e de Rianxo, por mor de contactos de COVID. O noso equipo foi quen de poñerse en cabeza desde o primeiro longo sen darlle opción á principal contrincante, Chapela, de levar o título. Estas remataron sendo primeiras a 11 segundos de Chapela, segunda.
IX Bandera CaixaBank & XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala
O sábado a ACT chegou á localidade cántabra de Castro Urdiales. A xornada presentábase bastante movida, debido a unhas condicións de onda e vento bastante salientables. O noso equipo foi na segunda quenda acompañada de Bermeo, Donostiarra e Ondarroa. A pesar de comezar na cola de regata, estes foron capaces de pouco a pouco ir superando á embarcación de Ondarroa e no último longo á de Bermeo, rematando segundos de quenda e quintos na xeral.
O domingo en Lekeitio, as condicións de onda e vento xuntáronse as correntes que se forman en dito campo. A nosa embarcación volveu sair na segunda quenda, desta vez soamente con Ondarroa e Bermeo, xa que a embarcación de Zierbena non puido competir debido a un contacto de COVID. A nosa embarcación mantívose en terceira posición durante toda a regata sen moito marxe de maniobra. Estes finalmente remataron en sétima posición.
Ademais, esta foi a primeira regata na máxima categoría do noso remeiro canteirán Mario Fajardo Muñiz, sendo esta a súa segunda tempada como remeiro absoluto.
XXVI BANDEIRA CONCELLO DE BUEU & XXVII BANDEIRA CONCELLO DE VILAGARCIA
O sábado a LGT-A desprazouse ata a localidade de Bueu para disputar a súa bandeira. A nosa embarcación saíu na quenda de honra con Meira, Bueu e Mecos. Estes remataron de cuartos nesta, mais quintos na xeral, o que fixo que Mera adiantara o noso equipo na xeral.
Vilaxoán foi o escenario da regata do domingo, cun campo orientado na dirección oposta ao que normalmente vemos na localidade. Os nosos remeiros foron quen de rematar en cuarta posición dende a segunda quenda, recuperando a cuarta posición na xeral.
III BANDEIRA FEMININA XI GP FANDICOSTA
Esta fin de semana a Liga Feminina só tivo unha única cita. As nosas remeiras desprazáronse ata Moaña para seguir coa súa regata. Estas impuxéronse con autoridade sobe as embarcacións de Chapela e Tirán desde o primeiro longo, gañando a bandeira e afianzando o seu posto como líderes de liga.