¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Cabo terceiro clasificado na LGT-A
Cabo terceiro clasificado na LGT-A

Cabo gaña a Liga Feminina, remata terceira na LGT-A e prepárase para a Bandeira da Kontxa

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

V TROFEO TERESA HERRERA - 2ª BANDEIRA FEMININA

As nosas remeiras enfrontáronse esta fin de semana á última cita puntuable para a liga, a que tamén era a clasificatoria para a final do Teresa Herrera. Estas remataron en cuarta posición, a un segundo da terceira clasificada, Tirán, o que serviu para traer o título da liga para a casa. O domingo, onde se disputou a Bandeira, as nosas remeiras impuxéronse con autoridade ante o resto de embarcacións, gañando por primeira vez esta histórica bandeira.

XXXV TROFEO TERESA HERRERA - 13ª BANDEIRA MASCULINA

O equipo LGT-A, do mesmo xeito ca o feminino, estivo remando na súa ultima regata puntuable á par que buscaba a clasificación para o Teresa Herrera. Estes, foron quen de manter os bos resultados acadados nas últimas dúas fins de semana, e obter a terceira posición. Isto valeulles para recuperar a terceira posición na clasificación xeral e acadar así o mellor resultado histórico da nosa tripulación filial masculina.

No que respecta á regata do domingo, estes volveron a acadar o terceiro posto, esta vez no Trofeo Teresa Herrera, firmando un sensacional fin de tempada.

XIV Bandeira Concello de Ares & XXXIX Bandeira Concello de Moaña

A Euskolabel Liga desprazouse por última vez no ano a Galicia, máis concretamente a Ares e Moaña, onde o noso equipo ACT estivo competindo.

O sábado en Ares os nosos remeiros partiron polo primeiro carreiro, acompañados de Bermeo, Orio e Ondarroa, no segundo, terceiro e cuarto carreiros respectivamente. A nosa embarcación colleu cabeza de regata, acompañada de Orio, dende o comezo, mantendo esta vantaxe ata un apretado final coa embarcación guipuscoana que se resolveu a favor da nosa embarcación. Esta vitoria de quenda serviulle á nosa embarcación para acadar o cuarto posto, sendo este o mellor resultado da tempada.

O domingo en Moaña, a nosa embarcación non foi quen de atopar o seu sitio na regata, rematando esta en onceava posición.

Próximas Regatas

Este mércores en categoría feminina e o xoves en masculina, o noso club estará participando na clasificatoria da emblemática Bandeira da Kontxa, onde estará buscando unha praza para competir nas súas finais. Ademais disto, o sábado celebrarase en Corcubión a Bandeira da Deputación da Coruña, onde tamén estará presente o noso club.

COMPARTIR: