A nosa tripulación LGT-A estivo onte en Muros desputando a súa bandeira de traiñeiras, a cal non se puidera celebrar no verán por mor dun peche perimetral.
Con forte vento e mar, a regata desputouse en formato contrarreloxo en dúas quendas. Por unha banda as categorías veterana masculina e feminina e por outra a absoluta masculina, onde se pelexaba pola bandeira. O noso equipo, saíndo en sétima posición, mantivo un moi bo ritmo desde a saída.
A pesar do pouco tempo de preparación para a data, o noso equipo masculino parou o crono en 21.48, sendo este tempo o mellor entre os equipos LGT asistentes, otorgándolle a bandeira de vencedores.
Por outra banda, a nosa embarcacións feminina tamén estivo presente, aínda que sen desputar ningunha bandeira. Estas remataron segundas, por detrás da embarcación rianxeira.