¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Embarcación Feminina en Castropol
Embarcación Feminina en Castropol

Cabo Feminino ascende a Liga Euskotren e os equipos LGT-A e ACT mantéñense

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

IV Bandeira Feminina Reganosa & III Bandeira Feminina Concello de Ribeira

A nosa embarcación feminnina estivo esta fin de semana en Mugardos e Ribeira desputando a antepenúltima e penúltimas regatas puntuables. O sábado en Mugardos a pesar de birar na primeira maniobra en segunda posición foron quen de coller unha ampla vantaxe ata rematar primeiras con autoridade. O domingo en Ribeira o dominio volveuse a repetir, gañando a regata e asegurando o ascenso a Liga Euskotren, a máxima cateogría feminina para a vindeira tempada. Deste xeito mantéñense líderes da liga a falta da última xornada puntuable.

VI Bandeira Concello de Mugardos & XXXVI Bandeira Concello de Redondela

Tamén en Mugardos estivo a LGT-A o sábado. A nosa embarcación partia da segunda quenda poñéndose en cabeza desde a primeira maiobra. A pesar de manter a cabeza toda a regata un erro no penúltimo longo fixo que perderan a cabeza acabando Rianxo como vencedor da quenda, rematando a nosa embarcación en quinta posición. O domingo en Cesantes, a nosa embarcación repetía quenda, mais desta vez esta rematou terceira. Un cambio de vento fixo que finalmente o noso equipo finalizara quinta da clasificación de novo, colocándose en quinta posición xeral a dous puntos de Chapela.

XLV Zarauzko Ikurriña

O equipo ACT estivo os dous días en Zarauz disputando a súa clásica bandeira. O sábado, nunha xornada moi aparatosa a nosa embarcación rematou na novena posición. O domingo o noso equipo descendeu un posto colocándose en décima posición, acadando así a oitava posición xeral nunha cola de liga moi axustada.

Próximas citas

Esta fin de semana a ACT volve a Galicia aterrando en Ares e Cabo da Cruz. A Liga Feminina e a LGT-A estarán disputando a última xornada de liga así como a clásica Bandeira Teresa Herrera.

 

 

COMPARTIR: