¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Cabo na Santurtziko XLII Ikurriña
Cabo en Cesantes

Bandeira para a embarcación Feminina e fin de semana de ACT na casa

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

I Bandeira Barbanza Arousa & XXXI Bandeira Concello de Boiro

A nosa embarcación ACT enfrontouse á segunda das tres fin de semanas de competicións en Galicia. O sábado en Rianxo a nosa embarcación partiu na segunda quenda polo segundo carreiro, enfrontándose a Bermeo, Ondarroa e a Donostiarra. Estes mantiveron bastante igualdade ata a primeira ciavoga, remando cunhas condicións de vento de costado bastante incómodas. Estes mantiveron unha curta distancia de tres segundos con Ondarroa, que finalmente non foron capaz de recortar, rematando na oitava posición. O domingo, na regata da casa, os nosos partiron na mesma quenda, mais esta vez polo primeiro carreiro. Estes comezaron atrás con respecto ao resto de embarcacións, manténdose esta distancia ata final de regata e rematando novenos.

I BANDEIRA TRAIÑEIRAS FEMININA LGT 2021

A nosa embarcación Feminina estivo o domingo remando en Rianxo, nunha regata relocalizada por mor da imposibilidade de remar no campo orixinal. A nosa embarcación comezou en cabeza, con Perillo e Tirán como principais perseguidoras. Despois da segunda ciavoga, a nosa embarcación xa mantiña unha distancia considerable coa segunda embarcación. Ao final, remataron coa vitoria a 9 segundos de Tirán. Estas colócanse así a catro puntos da segunda clasificada na Liga Feminina, Chapela.

VI BANDEIRA CCD CESANTES CONCELLO DE REDONDELA

O equipo LGT-A estivo o sábado remando en Cesantes disputando a bandeira en formato contrareloxo, por problemas coa aliñación do campo. Estes partiron na última quenda con Meira, Bueu e Mecos. A diferenza entre quendas fíxose latente no cómputo final, onde a nosa embarcación rematou sétima, adiantada por escasos segundos polas embarcacións de Rianxo, Mera e Pobra.

COMPARTIR: