¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Cabo na Bandeira Concello de Vilagarcía
Cabo na Bandeira Concello de Vilagarcía

As tres embarcacións de Cabo xa están no mar

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta fin de semana Cabo da Cruz veu o comezo da Liga LGT e a Liga Feminina, o que fai que as nosas tres embarcacións xa estean en plena competición. Ademais, a nosa embarcación ACT seguiu remando en Getxo e Orio, extremando as medidas de precaución.

I Bandeira Rianxeira Feminina & V Bandeira Concello de Redondela Feminina

A Liga Feminina comezou este ano en augas de Cabo de Cruz, onde as nosas remeiras foron capaz de facerse coa bandeira diante da nosa afección. Liderando a regata dende o comezo, as de Javier Lago impuxéronse cun tempo de 23:46 á embarcación de Tirán, que finalizou segunda. O domingo, estas desprazáronse a Chapela para disputar a Bandeira Concello de Redondela. Nesta proba, obtiveron o segundo triunfo da tempada, esta vez por diante de Perillo, colocándose como cabezas de liga. Ademais, as nosas remeiras de canteira Carla Rodríguez, Iria Romero e Noelia Dieste fixeron o seu debut na categoría absoluta, así como Valeria Suárez, que fixo o seu debut co noso club.

VI Bandeira Marina Cabo de Cruz – Concello de Boiro & XXVI Bandeira Concello de Vilagarcía

A Liga LGT-A tamén comezou este ano na nosa vila. Coa baixa de varios equipos a liga este ano conta con 10 embarcacións, entre as cales o noso club está presente. O noso equipo finalizou en 5ª posición, por detrás de Bueu, e a 37 segundos de Meira, a vencedora da xornada. Na segunda xornada estes desprazáronse ata Vilaxoán, onde estiveron disputando a Bandeira Concello de Vilagarcía. No que respecta aos resultados, foron case idénticos á regata anterior, rematando a nosa embarcación quinta, pero desta vez recortando distancias cos de Bueu. Como na nosa embarcación feminina, aquí tamén vimos o debut de varios remeiros. Os nosos canteiráns Damián González e Luis Martínez debutaron remando as dúas xornadas da fin de semana.

Getxoko Estropaden XLII. Ikurriña & Orioko XXX. Estropadak

A EuskoLabel Liga chegou esta fin de semana ás localidades de Getxo e Orio. O sábado en Getxo, a nosa embarcación estivo nunha complicada segunda quenda. Nesta, mediuse con Zierbena, Lekeittio e Hondarribia, rematando en terceira posición, o que lle valeu para rematar oitavos no cómputo final. Na seguinte xornada, e tras seis cambios, a nosa embarcación rematou en sexta posición, a 16 segundos dos de Bermeo, que se fixeron coa regata. A suma destes resultados fai que a nosa embarcación manteña un apertado sétimo posto na clasificación xeral.

COMPARTIR: