Esta fin de semana a nosa embarcación ACT desprazouse ata Santander e Lekeitio para seguir competindo na EuskoLabel Liga. O sábado en Santander, fíxoo saíndo na primeira quenda, sendo esta unha posición complicada debido á falta de referencias do resto de equipos. A pesar disto, foi capaz de marcar un crono de 19:55, o que lle valeu para superar a Ondarroa e a Kaiku. Con isto, acadou un 7° posto, o mellor da tempada ata o momento.
A xornada de Lekeitio, cun campo en mar aberto e na segunda quenda, presentábase cunhas condicións ben distintas. A pesar disto, o noso equipo soubo estar á altura rematando segunda, nunha axustada loita cos equipos de Bermeo e Ondarroa, terceiros e cuartos. Isto, outorgoulle ao noso equipo un 6º posto que o posiciona na sétmia praza da clasificación xeral.
Ademais disto, o noso remeiro Sergio Pérez Moreno incorporouse ao noso plantel tras remar a semana pasada o Cto. de España de Banco Móbil en Banyoles (Catalunya).
Comezo da Liga LGT
A nosa embarcación LGT comezou as xornadas puntuables da súa liga este sábado en Mera- Esta acadou un meritorio 7° posto tras rematar terceira na súa quenda. O domingo o escenario foi Ares, onde rematou nun 8° posto, sendo esta avantaxada por Mera, a cal fora oitava na anterior cita.