Sanxenxo foi este ano a anfitriona para dar a saída nas competicións da embarcación raiña. Con vento proa popa a xornada comezaba coa Liga Feminina en tres quendas lanzadas.
A nosa embarcación saía na pirmiera, sen referencias do resto de barcos, mais dominando a súa quenda con faciliadade. Ao finalizar as tres quendas, a nosa embarcación foi finalmente a máis rápida, avantaxado a principal rival, Chapela, en oito segundos e facéndose coa bandeira.
Despois da competición feminina, a competición seguíu en formato contrareloxo, debido a un problema de boias, o que fixo que a saída da nosa embarcación LGT-A se retrasara case unha hora.
A nosa embarcación LGT-A saía con bo ritmo e cun pouco máis de vendo que a quenda anterior. Esta rematou finalmente en cuarta posición, con Bueu como gañadora da xornada, facendo o noso equipo un bo papel e afianzándose na quenda de honor.
Próximas datas
Para a semana a LGT-A desprazarase o sábado ata Oleiros para competir en Mera e o domingo teremos dobre competición coa chegada desta liga máis da Feminina a o noso peirao, desputandose a III Bandeira Feminina Rianxeira e a VIII Bandeira Marina Cabo da Cruz - Concello de Boiro.