¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Equipo LGT-A en regata
Equipo LGT-A en regata

A embarcación Feminina e LGT-A fan un bo papel e a ACT chega a Galicia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

I Banderia Feminina Concello de Rianxo

A nosa embarcación feminina desprazouse onte a Rianxo para seguir coa súa  liga. As nosas sairon na última quenda coas súas rivais habituais. As nosas remeiras comezaron con bo ritmo, gardando unha distancia de menos de dous segundos con Chapela ata a metade de regata. No terceiro longo, as de Chapela foron capaces de abrir espazo coas nosas, logrando estas a vitoria. Deste xeito, as dúas embarcacións atópanse empatadas a puntos na clasificación xeral. Ademais, a nosa remeira canteirá Nuria Tubío Cadabal debutou esta fin de semana nunha competición oficial de traiñeiras.

XIX Bandeira Concello de Rianxo

O equipo LGT-A estivo competindo desta vez en Rianxo. Saíndo desde a segunda quenda, os nosos comezaron como cola de regata. Pouco a pouco estes foron gañando terreo ata adiantar a Mecos e Rianxo, e rematando finalmente a dous segundos de Chapela. A embarcación de Mera, remando na última quenta, foi quen de meterse entre a nosa embarcación e Chapela na clasificación da regata, rematando os nosos sextos.

Bandeira Cidade da Coruña

A ACT desprazouse esta fin de semana ata Galicia por primeira vez no ano para disputar a clásica Bandeira da Coruña. A nosa embarcación saía o domingo na segunda quenda, con Kaiku, Getaria e Zierbena. Estes mantiveron un bo ritmo de regata e boas sensacións máis non conseguiron mellorar os tempos do resto de competidores. Na xornada do domingo, o resultado repetiuse colocándose na duodécima posición xeral empatados a puntos con Ondarroa.

Próximas citas

A Liga ACT desprazase esta fin de semana a Orio e a Zierbena, mentres que a Liga Feminina estará en Ferrol e finalmente na Pobra acompañada pola Liga LGT-A.

COMPARTIR:

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar