¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Equipo Feminino en Chapela
Equipo Feminino en Chapela

A embarcación ACT ponse oitava na xeral e a Feminina mantense líder

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña & XXXVII. El Correo Ikurriña - Lekeitioko Udala

A embarcación ACT estivo o sábado en Getxo onde partían da primeira quenda. Estes foron quen de dominar a regata rapidamente gañando a quenda con dez segundos de vantaxe. Esta vantaxe, serviulles para adiantar a 3 embarcacións da segunda quenda rematando así no sexto posto da xornada. O domingo en Lekeito, a regata presentábase máis complicada dende a segunda quenda. A pesar de manterse algo rezagados ao comezo da regata, estes foron quen de remontar ata quedar segundos na quenda e sétimos na xeral. Con isto, a nosa embarcación volve a recuperar o oitavo posto na xeral que acadara despois da primeira finde de competición.

VII Bandeira Concello de Redondela Feminina

A nosa embarcación feminina estivo só remando o sábado en Redondela. Estas partían polo carreiro catro na quenda de honra, acompañadas das súas rivais habituais. No primeiro e segundo longo, as de Chapela realizaron as ceavogas uns segundos máis rápidas que as nosas, mais no terceiro longo estas foron quen de coller vantaxe ata rematar vencedoras a 8 segundos. Con isto, manteñen a posición de líder de liga e suman unha nova vitoria.

IV Bandeira Chapela Concello de Redondela & XI Bandeira Virxe do Carme

A nosa embarcación LGT-A estivo o sábado tamén en Chapela, onde partían na segunda quenda. Cun lixeiro vento nos carreiros exteriores a nosa embarcación partía pola boia catro. Estes mantiveron un bo ritmo toda a regata remando ao par de Rianxo que era quen de sacar vantaxe nos longos pares. Finalmente a regata decidiuse nas últimas padexadas onde o equipo de Rianxo rematou finalmente vencedor, rematando os nosos en sexta posición.

O domingo no Grove os nosos remeiros partían de novo na segunda quenda, saíndo cun bo ritmo no primeiro longo. As embarcacións de Chapela e Mecos foron comendo facendo que a nosa embarcación rematase finalmente sétima. Con isto, a nosa embarcación sitúase na quinta posición da liga.  

COMPARTIR: