As incidencias marcaron as competicións desta fin de semana. A suspensión por mal tempo da Bandeira de Bueu e os problemas coas balizas na Bandera CabixaBank marcaron a fin de semana dos nosos equipos
EuskoLabel Liga: XII Bandera Donostiarra Kaiarriba - Amenabar & VII Bandera CaixaBank
Esta fin de semana o noso equipo ACT desprazouse a Donostia e Castro Urdiales para seguir coas competicións. Na xornada de Donostia, esta remataron en 10° posto, tras unha regata complicada de mar. Polo que respecta ao domingo, o noso equipo finalizaron 7° nunha regata en modalidade contrareloxo, debido aos constantes problemas coas balizas e que obrigou a cambiar o formato en liña por este. Con estes resultados, vólvense a poñer no 7º lugar da clasificación xeral.
Ademais, o noso remeiro Hadrián Meizoso, tras unha dura tempada na que tivo que superar momentos duros, debutou co noso equipo.
Liga LGT-A: XXIV BANDEIRA CONCELLO DE BUEU & XXXVI BANDEIRA CONCELLO DE O GROVE
A xornada do sábado da Liga LGT-A en Bueu, tivo que ser suspendida no medio da segunda quenda, onde remaba o noso equipo. Unha forte tormenta obrigou aos xuíces a parar a regata, sendo a bandeira finalmente para o gañador da primeira quenda, Rianxo. Na xornada do domingo no Grove, os nosos remataron en 8° posto, nun apertado final con Mera. Con todo, manteñen a 7ª praza na xeral.
LGC (Feminina): IV BANDEIRA CONCELLO DE OLEIROS
A Liga Galicia Calidade tivo unha soa cita esta fin de semana en Oleiros. Esta disputouse finalmente tamén en formato contrareloxo. Tras manterse case toda a regata en segunda posición, as de Tirán impuxéronse no último longo ao noso equipo rematando finalmente en 3° posto. O equipo mantén a 2ª posición na xeral.