¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Zarautzko Estropadak
Zarautzko Estropadak

7º en Zarautz, 5º en Muros e 2º en Mugardos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

XLII Zarautzko Estropadak

Esta fin de semana a EuskoLabel Liga desprazouse ata Zarautz para remar a súa bandeira. Esta é unha das citas máis importantes do ano e é habitualmente comparada coa Kontxa. O noso equipo fixo un 9° posto na primeira xornada rematando o domingo cun 7° posto. Deste xeito, conseguiu a sétima posición na clasificación xeral, a escasas décimas da Donostiarra.

LGT-A: Muros e Meira

Na liga galega, a nosa tripulación foi quen de acadar o 5° posto na regata de Muros. Esta foi nun formato a seis longos, no cal lograron impoñerse na segunda quenda. O domingo na V Bandeira Illa do Samertolameu finalizaron nun noveno posto.

LGC en Mugardos

A sección feminina da liga galega tivo esta fin de semana unha única cita en Mugardos. Nunha regata finalmente en formato contrareloxo, o noso equipo finalizou en 2° posto por detrás de Mecos-Coruxo.

COMPARTIR: